Sede electrónica Concello de Carballo

01:29:41 Martes 19 de febreiro 2019
Estás en:

Información

Taboleiro de anuncios

O día 17 o Concello de Carballo estrenou a súa nova Sede Electrónica

17/01/19

Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estréase a nova sede electrónica do Concello adherida ao Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica.


Carballo inaugura a Sede Electrónica do Concello.

24/05/17

Carballo inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Carballo dá o salto cara a unha administración sen papel.


Desde o día 24 de Maio de 2017, o Concello está a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora.

24/05/17

A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.


A Administración Municipal, cada vez máis próxima ao cidadán.

24/05/17

A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.